Saturday 11 de May de 2024

Unha exposición de fotografías na casa do concello de Riveira reflicte as tres décadas do EVA 10 na Serra do Barbanza


Poderá ser visitada ata o 31 de maio

As paredes da Casa Consistorial de Riveira albergan dende o día de hoxe unha exposición fotográfica na que se reflicten as algo máis de tres décadas de historia do Escuadrón de Vixilancia Aérea nº10 no alto do monte Iroite. O título da mostra, “Desde la sierra del Barbanza al servicio de España”.

O acto de inauguración contou coas palabras do alcalde Manuel Ruiz e do comandante do EVA 10, Juan José Vázquez Moreira. Entre os asistentes, membros do escuadrón e distintas autoridades o senador José Luis Torres Colomer, o presidente da Asociación de Empresarios, o patrón maior de Aguiño, o comisario de Policía ou edís da Corporación.

Durante a súa intervención, o comandante Vázquez Moreira reflectiu algúns dos fitos máis relevantes desta unidade dende a súa inauguración o 6 de novembro de 1985, con presenza do presidente da Xunta Gerardo Fernández Albor; a visita do rei de España Juan Carlos I en 1987 e do entón Príncipe de Asturias, Felipe de Borbón, en 1997; a operación Prestige, na que 5.163 voluntarios do Exército do Aire contribuíron dende a base á limpeza das costas galegas; ou a entrega do guión da unidade doado polo Concello de Riveirao 10 de decembro de 2011.

Estes e outros importantes momentos están reflectidos nas fotografías que se estenden pola Oficina de Atención Cidadá, as escaleiras principais e o primeiro andar do edificio.

A mostra poderá ser visitada ata o 31 de maio.